×
Corrigir

Faladurias

7 Lvvas

na noite de aquel dia frio e sen lua
atopei-me cunha panda paseando pola rua
e dixeron-me "oe ti, achega-te por favor
alucinan 7lvvas, senta aqui e toca algo oh!"
deixaron-me a guitarra e empecei-lles a cantar
1X1, Calexóns e Estrela Fugaz
finalizou a paródia, paseei pola alameda
atopei-me cuns amigos e fumos pra a discoteca,
ali a morena, a loira, pasaron onda min,
torcian a cara, non paraban de rir
"que horror, que horror de tío me acabo de encontrar"
"si se acerca me da algo" "vaya pinta de paspán"
estando eu na barra achegou-se aquel tipo
e dixo-me que el xa non era o meu amigo
e en realidade non o era até que me amenazou
con pegar-me por meter-me coa sua chorba, o seu bombón
e ao final dou-me de hóstias até facer-me viaxar
e como era insumiso ninguén o quixo denunciar
a viaxe foi moi longa, véu meu pai pra rescatar-me
dixo "vén pra aqui, meu fillo, vén que imos arreglar-che"
quitaron-me a cara -- ben desfeita que a tiña
e puxeron-me outra nova de cristal e fibra
a loira, a morena, quitaron-me a bailar
e até o policia de turno queria-me enredar
de pronto chegou ela coa sua excitante mirada
e inda que o disimulaba sei que estaba colocada
dixo "tio estás coma un tren! cala a boca e vén follar-me
este chorbo non da o callo i eu quero deitar-me
con alguén que me arrevente, que mo faga como dios"
fun correndo pra os servícios e o meu corpo vomitou
de súpeto atopei-me deitado nunha cama
miña nai ao meu carón e os amigos pola casa
estaban preocupados polos meus osíños
o raposo, a princesiña e até o fillo do viciño;
lembrei, toquei a cara a ver se era de cristal
pero era de óso e carne, 'cago na hóstia, menos mal!






Mais tocadas

Ouvir 7 Lvvas Ouvir