×
Corrigir

Pirata

7 Lwas

pai de pais Neptuno
xa oín o sinal
cando tiña tres anos
xa soñaba cos barcos
con sair a navegar
a bater-me co mar
a bater-me co mar
eu coma outros homes
troquei velas por vapor
vin-che as entrañas
busquei tesouros
nas bágoas do solpor
fun soñador
fun soñador
eu son-che un pirata
xa non quedan hoxe, xa o sei
os canóns non disparan
os estoques non matan
son-che cousas do destino e das leis
tarde cheguei,
tarde piei
saín ao contrabando
roubei millóns en botins
forrei-me de cartos
manexei governos
gastei mais do que collin
e nunca o sentin
nunca o sentin
levo borracho desde antonte ao solpor
cantando, brincando e brindando con ron
pero debo deter-me
e pensar en volveres
xuntar-me coa banda outra vez
só cos fideis
só cos fideis
busco mulleres xoves
leitos pra me deitar
inda que escape
sei que xa non hai naves
que me sirvan pra voltar
a facer-me rapaz
a facer-me rapaz
pai de pais Neptuno
dispois de tanto loitar
non son mais que un parado
i é que manda carallo
que haxa hóstias por querer traballar
eu aqui estou de mais
fai-me sítio no mar
eu aqui estou de mais
fai-me sítio no mar






Mais tocadas

Ouvir 7 Lwas Ouvir